Novas

10/11/2025 16:10:01
  • 2025

VIO 9 e un programa de sensibilización sobre Violencia cara a nenas e mulleres con discapacidade

O proxecto VIO 9: Ver para Erradicar da comezo grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra ca Asociación ACADAR, consolidándose como unha iniciativa de referencia na sensibilización da xuventude.

Entre os obxectivos de este programa ACADAR quere promover valores de igualdade, visibilizar a diversidade e a discapacidade, así como previr a violencia machista e de xénero. Ademais, nesta edición ponse especial atención a outras formas de violencia cada vez máis presentes na vida cotiá da mocidade debido ás novas canles de comunicación facilitadas polas TIC, como é o caso da violencia sexual dixital.

Nesta nova edición, o proxecto dirixese a 100 estudantes de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade da provincia de Pontevedra. As actividades darán comezo no mes de novembro de 2025, iniciándose nos centros IES Marco do Camballón e IES de Valga.

Dende ACADAR queremos agradecer a colaboración dos centros educativos contactados e animar a outros centros da provincia a sumarse a esta iniciativa, contribuíndo así á construción dunha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencias.

Se como centros tedes interese neste programa, podedes contactar ao número 680 35 37 76 ou ao e-mail: info@acadar.org