Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2025
  • /
  • Comeza en Lugo o Programa de Emprego e Saúde a través do Empoderamento para Mulleres con Discapacidade
15/09/2025 12:08:38
  • 2025


ACADAR pon en marcha unha nova edición do Programa de Emprego e saúde a través do Empoderamento dirixido a mulleres con discapacidade do Concello de Lugo, co obxectivo de mellorar a súa saúde integral, o seu desenvolvemento persoal e a súa capacitación para a vida diaria e o emprego.

Este programa conta co apoio e financiación do Concello de Lugo a través da Concellería de Benestar Social e Maiores, que aposta pola promoción da igualdade, a inclusión e o empoderamento das mulleres con discapacidade no ámbito comunitario.

Ao longo do mes de outubro desenvolveranse diferentes sesións formativas, dinámicas e accesibles, centradas na saúde mental, o autocoidado, a empregabilidade e o benestar físico e emocional.

 📅 Calendarización das sesións

  • Sesión 1 – 16 de outubro Técnicas e habilidades para o emprego

Obradoiro orientado a reducir as desvantaxes que sofren as mulleres con discapacidade no acceso ao emprego. Traballarase en técnicas, ferramentas e competencias persoais e laborais que favorezan a procura activa e eficaz de emprego.

  • Sesión 2 – 17 de outubro Regul(arte)

Espazo dedicado á regulación emocional. O obxectivo é desenvolver a capacidade de observar o que se sente, reflexionar sobre as emocións e experiencias e comprender o seu impacto na toma de decisións, facilitando estratexias prácticas de benestar.

  • Sesión 3 – 23 de outubro Ximnasia adaptada 2.0

Sesión orientada a fomentar o exercicio físico adaptado ás necesidades e características das participantes. Busca mellorar o benestar físico e emocional a través do movemento. A actividade contará coa colaboración do ximnasio **ABFitness** e será impartida por Toni López Armenteros.

  • Sesión 4 – 24 de outubro Prevención e promoción en saúde mental

Obradoiro dedicado a identificar factores de risco e protección para a saúde mental. Abórdase a prevención do estrés, ansiedade e outros retos emocionais actuais, proporcionando ferramentas prácticas para o autocuidado.

  • Sesión 5 – 29 de outubro Aumento da conciencia corporal

Trabállase a capacidade de conectar co corpo, atopar calma e identificar necesidades físicas e emocionais. A través de prácticas de relaxación e exercicios guiados, búscase mellorar o equilibrio, a presenza e a xestión do estrés na vida diaria.

  • Sesión 6 – 30 de outubroEmpoder(arte)

Taller centrado no autocoñecemento, a autoestima e o empoderamento feminino. Inclúe actividades de autocoidado, límites saudables, organización do tempo e rutinas para reforzar a autonomía persoal.


Con este conxunto de sesións, ACADAR continúa o seu compromiso coa promoción da saúde, a igualdade e a inclusión das mulleres con discapacidade, ofrecendo espazos seguros onde aprender, compartir e medrar.

Para máis información e inscripción podes contactar directamente ca entidade