O Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade é unha iniciativa dirixida a mellorar as habilidades sociais, formativas e prelaborais das mulleres con discapacidade, adaptándose ás súas necesidades individuais e ofrecendo itinerarios personalizados que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e conta coa xestión de COGAMI.
ACADAR está a desenvolver obradoiros específicos dirixidos a mulleres con discapacidade na Estrada, no que participan 6 mulleres.
O obxectivo principal destes obradoiros é fomentar a integración social e laboral, reforzando as habilidades persoais, sociais e prelaborais das participantes, e ofrecendo un espazo de apoio, aprendizaxe e desenvolvemento adaptado ás súas necesidades.
Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.