Fundada no ano 2009 en Santiago de Compostela por un grupo de 20 mulleres con discapacidade, ACADAR converteuse na 1º entidade en Galicia creada específicamente para defender os dereitos, a igualdade de oportunidades e o empoderamento das mulleres con discapacidade, visibilizando as súas necesidades e reivindicacións nun ámbito social no que continuaban a ser practicamente invisibles. 16 anos de compromiso, acompañamento e transformación social
Ao longo destas máis de tres décadas de traballo continuo, ACADAR desenvolveu programas e servizos centrados en:
Miles de mulleres teñen participado en diferentes obradoiros, itinerarios, grupos de apoio e accións formativas, formando parte dun espazo seguro, feminista, accesible e inclusivo.
Cada proxecto, cada obradoiro, cada encontro e cada paso dado foi posible grazas ao apoio das mulleres que confían en nós, das entidades que colaboran e das persoas que creen nun futuro no que todas as mulleres con discapacidade poidan gozar dunha vida plena, libre e con dereitos garantidos.
Por outros 16 anos máis de loita, sororidade e transformación.
Seguimos avanzando. Seguimos xuntas. Seguimos ACADAR