Un ano máis o seu dorsal Solidario donase a ACADAR
Hoxe presentouse oficialmente no Concello da Coruña a nova edición da Carreira da Muller Central Leiteira Asturiana que se celebra o próximo domingo 28 de setembro a partir das 10h. A cidade galega volverá acoller unha das principais citas do circuíto da Carreira da Muller e o seu percorrido de dificultade baixa de algo máis de 6,3km volverá tinguirse de rosa, cor das camisetas oficiais Oysho que recibirán as 8.000 participantes que, ademais de participar na proba, sumaranse tras cruzar a meta na avenida de Buenos Aires (xunto ao complexo deportivo Riazor) ao espectacular e animado festival de fitness e aeróbic de máis dunha hora de duración, da man de Termaria Casa da auga, Ballet Fit e Zoa.
Ao acto de presentación acudiron Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Marta Núñez, directiva de ACADAR (entidade beneficiaria un ano máis do dorsal Solidario), Montse Vázquez, presidenta Bolboretas Coruña (entidade beneficiaria do proxecto de +Solidarias este ano) e Henar Quella, portavoz da Carreira da Muller.
A feira da corredora desenvolverase como é habitual nas últimas edicións este venres 26 en horario de 16 a 20h e o sábado 27 de 10 a 14 e de 16 a 20h en Palexco onde un ano máis ACADAR terá un stand informativo para dar a coñecer os seus proxectos e actividades.
Dentro das iniciativas solidarias da proba, volverá se é posible conseguir un dos 50 dorsais totalmente solidarios a favor da favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade, e coa que a organización da carreira leva colaborando directamente varios anos.
Inscricións: www.carreradelamujer.com/muj-a-coruna