Novas

01/01/2024 12:45:13
  • 2024

Durante todo este ano, levaremos a cabo o proxecto VIO 9: Ver para erradicar, en colaboración coa Deputación de A Coruña.

Este proxecto vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato, universidades e Formación Profesional da provincia de A Coruña.

O obxetivo é promover as relacións igualitarias entre o alumnado participante. Poñendo especial atención a violencia sexual dixital.

Na realización das actividades, empregarase material teórico e audiovisual, así como tamén casos prácticos, procurando obter as ferramentas necesarias para a identificación e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres, facendo fincapé na discapacidade.

Se como centro tes interese no noso proxecto, podes contactar ao número 673 142 212 ou ao e-mail: info@acadar.org