Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2024
  • /
  • Seguimos un ano máis co Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade
02/02/2024 9:08:59
  • 2024

ACADAR por en marcha, un ano máis, o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade. As diferentes actividades desenvolveranse en tres localidades de tres provincias galegas: Ourense (Ourense), Lalín (Pontevedra) e Santiago de Compostela (A Coruña). Do mesmo xeito que en 2023, participan neste programa 40 mulleres ao longo de 2024, sempre atendendo as súas necesidades, situacións e intereses laborais máis personalizadas.

A través de itinerarios personalizados, procurouse a promoción das competencias persoais, laborais e sociais das participantes, mellorando a súa autonomía persoal, participación social e, en definitiva, a súa inclusión sociolaboral. Estes itinerarios tamén inclúen obradoiros grupais, nos que o reforzo do equipo é un aspecto fundamental para a participación e inclusión.

Este servizo tamén supón un fortalecemento do tecido asociativo xunto coas administracións locais ao longo de todo o ano e a colaboración cidadá.  É unha das razóns de ser do programa, que é cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), da que ACADAR forma parte. Ademáis, este tipo de programas realízanse grazas a colaboración cidadá, marcando a X Solidaria (casa 106 de Fins Sociais na Declaración da Renda), contribuíndo á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.