Novas

05/02/2024 10:00:00
  • 2024

O programa ENRÉDATE inicia a súa 6ª edición este 2024, un programa con diferentes servizos dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade, grazas ao financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Fondo Social Europeo Plus Galicia 2021-2027. Como cada ano, o programa desenvólvese entre xaneiro e agosto e facilita atencións personalizadas e especializadas para as mulleres con discapacidade das zonas consideradas pouco poboadas, como Camariñas, Brión, Valdoviño, A Estrada, entre outras, das provincias da Coruña e Pontevedra. O seu obxectivo é potenciar as capacidades e competencias das participantes, para o desenvolvemento dunha vida autónoma, con servizos como orientación e asesoramento a nivel persoal e social, atención psicolóxica,  asesoramento xurídico, intermediación intercultural ou familiar, formación en habilidades persoais e sociais, adquisición de competencias e orientación na procura de emprego.

O programa desenvólvese tanto a nivel individual, como a nivel grupal, neste último caso, asegurando que a homoxeneidade das participantes non sexa unha barreira para avanzar en obxectivos e necesidades. Ademais, o programa desenvólvese, en moitos casos, coa colaboración de diferentes administracións públicas locais, entidades sociais e profesionais colaboradores, para unha mellor resposta e maior alcance das mulleres interesadas no programa.