VIO 7: Ver para erradicar desenvólvese por sexto ano consecutivo grazas á colaboración da Deputación de Lugo. O fin último deste proxecto é promover relacións saudables entre o alumnado, fomentar a igualdade de oportunidades, o sentimento de cidadanía e a inclusión de todas as persoas con independencia das características que definan ás mesmas.
Está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional da provincia de Lugo, levándose a cabo entre os meses de setembro e decembro.
A través dunha metodoloxía dinámica e participativa abordaranse diferentes contidos onde se traballará con maior ou menos profundidade en función da idade do alumnado, dos coñecementos previos e das demandas do equipo docente para incluír contidos relacionados.
Se como centro tes interese no noso proxecto, podes contactar con nós polas canles habituais.