VIO 7: Ver para Erradicar é un proxecto formativo que se leva a cabo dende ACADAR, durante os meses de setembro a decembro e está dirixido ao alumnado universitario, de formación profesional, bacharelato, secundaria e primaria.
Este proxecto nace da necesidade observada de sensibilizar á sociedade en xeral, e á xuventude en particular, sobre a discapacidade, a igualdade e a prevención da violencia de xénero. A iniciativa desenvólvese a nivel provincial grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña, aportando o 80 % do custe total da actividade con 6.933,66 €, polo que é totalmente gratuíto para os centros e/ou o alumnado. Ao longo desta actividade ofertarase unha formación específica en materia de xénero, igualdade e discapacidade, procurando a reflexión crítica co emprego de material complementario audiovisual e casos prácticos.
Consideramos fundamental seguir traballando na actualidade na sensibilización e identificación das formas de violencia e a prevención primaria das situacións de desigualdade.
Se como centro tes interese en coñecer máis afondo este proyecto formativo, podes contactar con nós polas canles habituais.