Novas

14/04/2023 12:47:18
  • 2023

ACADAR por en marcha, un ano máis, o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade. Nesta ocasión, levarase a cabo en A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e O Carballiño e beneficiará a 40 mulleres con discapacidade.

A través de itinerarios personalizados e adaptados ás necesidades das participantes, procurarase promover as capacidades persoais, laborais e sociais, mellorando a súa autonomía persoal, a súa participación social e, en definitiva, a súa inclusión social e laboral. Tamén, ademais das intervencións individuais, será un aspecto relevante o reforzo entre iguais e a creación de redes de apoio a través da participación, en grupos reducidos, en obradoiros de competencias para o emprego e sobre o uso das TIC como ferramentas innovadoras para a procura de emprego.

O programa está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, a cal é xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), da que ACADAR forma parte.

Este tipo de programas realízase grazas a colaboración cidadá, marcando a X Solidaria (casa 106 de Fins Sociais na Declaración da Renda), contribuíndo á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.