Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF como reusltado de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, tamén chamado X Solidaria, este programa estivo dirixido a promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciando a participación e a presenza das mulleres nos ámbitos do social, cultural, económico... ademais de atender a todas aquelas mulleres con discapacidade que se atopan en situación de vulnerabilidade.
Para isto, foron levadas a cabo actividades de información e asesoramento, itinerarios personalizados e obradoiros temáticos, dirixidos a potencias as capacidades e habilidades, reivindicar dereitos e promover unha maior autonomía persoal co obxectivo final de desenvolver os seus proxectos de vida.
Máis de 30 mulleres participaron neste programa levado a cabo ao longo de todo o 2023.
Moitas grazas ás participantes!