Novas

20/04/2023 14:29:01
  • 2023

A través da liña de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI) e de prevención e loita contra as violencias machistas convocada polo Concello de Santiago para este 2023, ACADAR desenvolverá por 5º ano o proxecto Re-Créate.


Esta actividade, dirixida a mulleres con discapacidade do concello, ten como obxectivo final a identificación e prevención da violencia sexual, ademais de buscar concienciar, sensibilizar e incidir na promoción da igualdade, concienciar sobre a violencia de xénero e a violencia contra as mulleres con discapacidade, e promover o coñecemento da propia sexualidade.


Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo dous obradoiros, no mes de maio, nos que se promovera a imaxinación, orixinalidade e creatividade das participantes, empregando distintas técnicas artísticas e manuais.


Para máis información pódese contactar coa entidade a través das canles habituais.