Novas

17/07/2023 10:27:10
  • 2023

Un total de 85 mulleres con discapacidade participaron durante 2022 no ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego’ de COCEMFE nos concellos de Ourense, O Carballiño, Chantada ou Lalín, dentro do programa Incorpora da Fundación ”la Caixa”, co obxectivo de fomentar o apoderamento das mulleres con discapacidade a través da inclusión social e laboral.

Entre outros aspectos, constatouse que o 75% desas mulleres non contaba coas habilidades e/ou ferramentas necesarias a nivel informático para acceder a una busca de emprego a través de recursos telemáticos. Así, facilítanse espazos para poder dar resposta a este tipo de necesidades e apoialas na súa inclusión sociolaboral a través dunha intervención individual e grupal destinada a desenvolver as súas competencias nas TIC.

“O valor do programa é que nos aporta pautas para aprender e mellorar no acceso ao emprego e á vez desenvolver coñecementos básicos”, asegura una das mulleres participantes no programa, que responde ás iniciais JCM.

O ano pasado en Galicia dedicáronse 250 horas á atención individual, acadouse a inclusión laboral de 8 mulleres con discapacidade e impartíronse máis de 100 horas de sesións grupais de apoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica

Durante 2023, o ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego’  levarase a cabo tamén en outros puntos do territorio nacional como Andalucía, Aragón, Madrid, Navarra, Murcia ou Estremadura de cara a contribuír co Obxectivo de Desarrollo Sostenible de igualdade de xénero (ODS 5), para o que é imprescindible acabar ca discriminación e a vulneración dos dereitos sociais, económicos, civís e políticos que enfrontan as mulleres e nenas con discapacidade.

As mulleres con discapacidade da provincia de Ourense que teñan interese en participar poden poñerse en contacto coa técnica Diana Valeiras Carreiro, a través do correo electrónico igualdad.ourense@cocemfe.es e o teléfono 617 101 436.