O pasado 30 de agosto finalizou a 5º Edición do Programa Enrédate, dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade e levado a cabo grazas o financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Como en pasadas edicións, Enrédate procurou unha atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade, principalmente daquelas que viven en zonas pouco poboadas, potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida autónoma e independente.
Nesta ocasión, a entidade atendeu a 53 mulleres con discapacidade dos concellos de Melide, Arzúa, A Estrada, Ordes, Curtis, Lousame, Santa Comba, Camariñas e Santiago de Compostela.