O proxecto Empoderar para decidir conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra dende o ano 2017, levando a cabo as accións en diferentes localidades da provincia. Durante esta nova edición, participaron 20 mulleres con discapacidade nos obradoiros levados a cabo en Vigo e Redondela.
O seu obxectivo foi promover o apoderamento das mulleres con discapacidade participantes, así como facilitar ferramentas que fomenten o seu apoderamento e a toma de decisións. Para elo, diferentes temáticas foron abordadas nos obradoiros levados a cabo como a autoestima e o autoconcepto, a intelixencia hemocional, as habilidades sociais, a motivación, o apoderamento e liderado así como as ferramentas e técnicas de prevención da violencia cara as mulleres, entre outras.
Moitas grazas a todas as mulleres que participaron!