Coa colaboración do Concello de Coruña, no último trimestre de este 2023 lévase a cabo o proxecto Apoder(arte) co obxectivo de fomentar o desenvolvemento e/ou adquisición das habilidades persoais e sociais das mulleres con discapacidade para a prevención e identificación da violencia sexual.
A través de actividades grupais, traballaránse diferentes aspectos tales como as emocións, o autocoñecemento e a autoestima, a adquisición e afianzamento de habilidades persoais e sociais, as violencias machistas, violencias sexuais e a igualdade e os hábitos saudables e sexualidade.
Nas sesións relacionadas coa violencia, empregaranse as guías 'Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais’ (ACADAR, 2015), ‘Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade’ (ACADAR, 2018) e ‘Violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade’ (ACADAR, Pendente de publicación), únicas a nivel galego e de elaboración propia da entidade.