Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2023
  • /
  • ACADAR recibe unha axuda da Xunta de Galicia para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres
07/12/2023 9:01:20
  • 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade, concedeulle a ACADAR unha axuda económica de 4.000 €  para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

Estas axudas foron convocadas a través da Resolución do 22 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2023 (DOGA nº 126 do martes 4 de xullo de 2023).

O obxecto desta resolución é convocar axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través de dúas liñas:

  • Unha primeira liña dirixida á consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
  • Unha segunda liña para a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.