É unha realidade que as mulleres con discapacidade que viven en zonas pouco poboadas están limitadas á hora de participar activamente na súa comunidade, o que impide o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
Coa pandemia COVID – 19, o confinamento e as restricións obrigatorias, quedou máis patente que nunca a realidade que viven as mulleres con discapacidade: situacións de pobreza, violencia nos fogares, agravamentos de patoloxías existentes e novos diagnósticos tardíos debido ás cancelacións de citas médicas e tratamentos, obrigatoriedade de realizar trámites online, etc.
Por isto, ponse en marcha o Porgrama Enrédate (3ª Edición), cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Prestarase un servizo de atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade que residen en zonas rurais, tanto de forma individual como grupal, co obxectivo de potenciar as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida autónoma.
Se estás interesada e queres participar, contacta connosco!