Novas

30/12/2021 9:11:05
  • 2021

Un ano máis levamos a cabo o proxecto "Empoderar para decidir", en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Debido á situación excepcional derivada da COVID19, optouse pola creación de varios grupos de tamaño reducido en diferentes concellos. O proxecto tivo como obxectivo promover o empoderamento e facilitar a toma de decisións sobre as súas propias vidas a través da realización de obradoiros nos que participaron un total de 20 mulleres entre os concellos de Mondariz, Tui, Moaña e Marín.

Con esta intención, traballouse sobre as habilidades sociais e de comunicación, o recoñecemento dos propios dereitos, sensibilización sobre a violencia de xénero, recursos para a busca de emprego e o manexo das novas tecnoloxías, promovendo en todo momento a creación de redes de apoio entre as participantes.

Agradecemos ás mulleres pola súa participación, motivación e compromiso, á Deputación de Pontevedra pola achega económica, a COGAMI e aos Centros de Información á Muller pola difusión do proxecto e aos Concellos de Mondariz, Tui, Moaña e Marín por facilitar os espazos para desenvolver os obradoiros.