MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO 2021
“DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES”
Hoxe, 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. Un ano máis, alzamos a voz contra calquera tipo de agresión cara as mulleres polo mero feito de selo. Un ano máis, rebelámonos ante as violencias que atravesan todos os ámbitos das nosas vidas. Este 2021 foron asasinadas 56 mulleres polas súas parellas ou exparellas, segundo datos da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero. Sen embargo, rexistráronse 70 feminicidios e asasinatos de mulleres en España en 2021. Aínda hoxe seguen sen cuantificarse eses 14 asasinatos que non están cualificados como violencia de xénero nas estatísticas oficiais. Hoxe tamén temos presente ás 21 persoas menores de idade que quedaron orfas a consecuencia dun asasinato machista. Así mesmo, non nos esquecemos de que, segundo cifras oficiais, 5 persoas menores de idade foron asasinadas a mans dos seus pais, o que coñecemos como violencia vicaria.
A violencia de xénero é unha das máis graves violacións dos Dereitos Humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas no mundo, aínda existen grandes lagoas na sensibilización, información e formación en xeral ao respecto, especialmente no caso de mulleres e nenas con discapacidade.
Segundo datos recollidos no Informe sobre a situación das mulleres dos grupos minoritarios na Unión Europea (2003-2009), “case o 80% das mulleres con discapacidade vive violencia e ten un risco catro veces maior que o resto de mulleres de vivir violencia sexual”.
Atendendo aos resultados do Estudo Social e Laboral das Mulleres con Discapacidade en España levado a cabo por CEMUDIS durante o período de 2018 a 2020, o 27,4% das mulleres con discapacidade experimentaron algún tipo de violencia ao longo da súa vida. Estes datos implican que una de cada catro mulleres con discapacidade pasou por situacións de violencia.
As mulleres con discapacidade atópanse nunha situación de maior discriminación: polo feito de ser mulleres e por ter discapacidade, polo entorno no que se desenvolven, a súa etnia, etc. Ademais, a incidencia da violencia é sempre maior en mulleres con discapacidade que en mulleres sen discapacidade.
Segundo a Macro enquisa sobre Muller, Discapacidade e Violencia, levada a cabo pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero e publicada en 2020, o 71% das participantes na enquisa afirmou ter vivido violencia de xénero nalgún momento da súa vida.
Este ano conmemóranse os 10 anos da creación do Convenio de Istambul, ratificado por España no ano 2014, no que se recoñece que a violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e que a igualdade entre mulleres e homes é un elemento clave para a súa prevención.
Non queremos perpetuar esta lacra cuxos efectos prexudican a vida de millóns de mulleres no mundo.
Ás diferentes formas de violencia que se exercen contra as mulleres ao longo do mundo, tamén se unen circunstancias que fan que a discriminación aumente. Un dos grandes desafíos aos que se enfrontan as mulleres e nenas con discapacidade é a fenda dixital. Seguindo de novo o Estudo Social e Laboral das Mulleres con Discapacidade en España elaborado por CEMUDIS, o 5,4% das mulleres con discapacidade non ten ningún coñecemento sobre as novas tecnoloxías mentres que o 40,6% destas mulleres din ter o denominado coñecemento de “usuaria”.
Neste sentido, é imprescindible unha accesibilidade integral para a plena inclusión das mulleres e nenas con discapacidade na sociedade e investir na alfabetización dixital como ferramenta para facilitar o acceso ao coñecemento e ao exercicio dos seus dereitos. De igual maneira, hai que fomentar un uso seguro das novas tecnoloxías, que repercuta nun menor impacto da violencia dixital, cada vez máis presente. É urxente, polo tanto, paliar esta fenda dixital recentemente acentuada pola pandemia da COVID-19.
Así mesmo e de acordo coa Organización Mundial da Saúde, a pobreza pode aumentar o risco de discapacidade por malnutrición, falta de acceso á educación e atención da saúde, ou condicións inseguras de traballo, entre outras. Á súa vez, a discapacidade pode elevar o risco de pobreza derivada da falta de oportunidades de acceso á formación, emprego, de salarios máis baixos e custo de vida máis alto pola discapacidade. Neste sentido, a especial dificultade de acceso e dun recorrido continuado dentro do mercado laboral das mulleres con discapacidade, ten efectos directos sobre a súa autonomía, a súa situación económica, moi visible por exemplo no ámbito das pensións.
A variable xénero aquí é imprescindible para entender o diferente impacto e vulnerabilidade das mulleres ante a pobreza e exclusión social. Os niveis de actividade laboral e desemprego das mulleres con discapacidade son sensiblemente inferiores aos dos homes. Ademais, nos últimos anos púxose de manifesto como os efectos da crisis tiveron un compoñente de xénero que acentuou a pobreza.
A taxa de pobreza extrema das mulleres con discapacidade en España triplica á do resto da poboación e é un 40% máis alta que a dos homes con discapacidade. Case tres de cada catro persoas con discapacidade baixo o límite de pobreza extrema son mulleres.
Polo tanto, ACADAR como entidade pertencente á Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade, súmase ao seu manifesto xunto ao resto das entidades que a conforman: Federación de Asociacións de Mulleres con Discapacidade de Andalucía, Asociación AMANIXER de Aragón, Asociación AMDAS La Fonte de Asturias, Asociación de mulleres con discapacidade de Palencia, Federación LUNA Castela A Mancha, Asociación Dones no Estàndars de Barcelona, Asociación estremeña de mulleres con discapacidade, Asociación Máis Muller Murcia.
ESIXIMOS: que as institucións e os poderes do Estado que nos representan, traballen activamente e de forma inmediata para:
Imos a defendernos xuntas porque queremos vivir libres, tranquilas e sen medo.
#eudigoNONaviolencia
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021