Novas

23/08/2021 12:52:46
  • 2021

Hoxe comeza o proxecto "Emprego e saúde a través do empoderamento", dirixido a mulleres con dicapacidade do concello de Lugo.

Este proxecto, cofinanciado polo propio concello, ten como obxectivo o fomento, a adquisición e o desenvolvemento de habilidades persoais, sociais e prelaborais das mulleres con discapacidade, por medio da realización de diversos obradoiros nos cales traballarase o mencionado anteriormente a través de distintas temáticas relacionadas coa xestión emocional, a discapacidad e a muller, entre outras.