Hoxe, 19 de abril, comeza o curso online de linguaxe inclusiva e non discriminatorio, enmarcado dentro do proxecto "Comunica a Conciencia", levado a cabo por ACADAR en colaboración coa Fundación ONCE e en coordinación coa Universidade de Coruña para achegar esta formación ao seu alumnado.
Máis de 90 persoas matriculáronse nesta actividade, que se levará a cabo unha vez máis a través da plataforma Moodle, coa finalidade de sensibilizar, concienciar e fomentar o emprego dunha linguaxe que inclúa e non discrimine, como ferramenta de cambio cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.
Outro punto a destacar da formación é que volverase a contar coa aplicación informática, Xanela Inclusiva, corrector de estilo para Word e LibreOffice, que detecta a linguaxe sexista e discriminatoria para reformulala e linguaxe inclusva.
Moitísimas grazas a todas as persoas por participar!