Novas

14/10/2021 9:34:30
  • 2021

Dende o pasado mes de setembro, en ACADAR puxemos en marcha o proxecto formativo VIO7: Ver para Erradicar, en colaboración coa Deputación de Lugo.

Este proxecto vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, co obxectivo de promover as relacións igualitarias entre o alumnado participante da provincia de Lugo.

Levaranse a cabo actividades formativas con material teórico e audiovisual, ademais de casos prácticos, procurando traballar na identificación e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres, facendo fincapé na discapacidade.

Os contidos xerais destas actividades serán:

  • Conceptos básicos en igualdade, xénero e discapacidade
  • Contextualización da violencia machista
  • Violencia cara as nenas e mulleres con discapacidade
  • Recursos: prevención e afrontamento da violencia de xénero
  • Linguaxe inclusiva como ferramenta de cambio