A Secretaría Xeral da Igualdade, a través da resolución do 8 de xuño de 2021, pola que se estableceron as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, concedeu a ACADAR unha axuda económica para o fortalecemento e consolidación do movemento asociativo das mulleres galegas, destinada a compensar gastos correntes en bens e servizos derivados do mantemento e/ou funcionamento da entidade.