Hoxe ACADAR comeza a posta en marcha do programa ‘Empleabilízate 2.0’, dirixido ás mulleres con discapacidade da zona de Ferrolterra, durante os meses de abril, maio e xuño.
Este programa está dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade a través do emprego das TIC, que nos últimos tempos, e máis aínda coa chegada da COVID19, convertéronse en recurso imprescindible para o noso día a día.
'Empleabilízate 2.0' lévase a cabo grazas ao cofinanzamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 do IRPF, e xestionado por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Debido á situación actual relacionada coa COVID19, desenvolveranse os obradoiros en grupos reducidos coa fin de garantir a seguridade de todas as participantes.