Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2021
  • /
  • 36 mulleres participaron no programa ACTIVA-DAS. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade
31/12/2021 9:54:26
  • 2021

Financiado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, tivo como finalidade prestar unha atención integral e personalizada a mulleres con discapacidade. En total, 36 mulleres das provincias de A Coruña e Ourense participaron nas actividades postas en marcha por ACADAR a través das cales se procurou o reforzo dos procesos de empoderamento e das propias capacidades e competencias e o coñecemento das distintas ferramentas e recursos de cara a detección e erradicación dos distintos tipos de violencia, entre outras.

Durante todo o ano, deuse cumprimento das directrices e recomendacións sanitarias relacionadas coa COVID-19, polo que se realizaron atencións tanto de maneira telemática como presencialmente. Para o desenvolvemento de obradoiros priorizouse o seu desenvolvemento en zonas rurais

Este programa realízase a través dos fondos do 0,7% do IRPF, do resultado de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro de “Actividades de interese xeral”, a “X Solidaria”.