Rematamos o Programa Re-créate 2.0, subvencionado pola Concellaría de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela.
Dito programa levouse a cabo de xeito presencial e nel participaron 15 mulleres do Concello de Santiago. O obxectivo xeral foi visibilizar as distintas manifestacións da violencia de xénero a través de 4 obradoiros creativos. Dentro deste obxectivo, traballáronse diferentes aspectos como son: os plans de vida, as relacións saudables e o manexo do estrés. Todo elo levouse a cabo a partir de actividades creativas co fin de promover a relación coa cultura e a expresión artística como ferramenta de desenvolvemento e enriquecemento persoal.
Grazas a todas as participantes!