Ponse fin ao Programa ENRÉDATE (2 ed.), cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Este programa adaptouse á nova realidade, proporcionando unha atención individualizada e específica ás mulleres con discapacidade, tanto de maneira presencial como telematicamente por mor da COVID-19.
O obxectivo foi potenciar as súas capacidades e aptitudes para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma e independente.
O balance que se fai é moi positivo onde en total participaron 41 mulleres, maiormente de zonas rurais.