Un total de 137 estudantes de centros de Educacion Infantil da provincia de Pontevedra participaron neste proxecto.
Mochilas Lilas: Programa para a prevención da violencia de xénero levouse a cabo, por segundo ano consecutivo, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria, tivo como obxectivo fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia de xénero. Para elo, leváronse acabo sesións formativas con alumnado da provincia de Pontevedra nos concellos de Fornelos do Monte (CEIP Doutor Suárez), As Neves (CRA de Rubiós e o CRA de Taboexa), Baiona (CEIP de Fontes) e en O Porriño (CEIP Plurilingüe de Atios).
En total, 137 estudantes de Centros de Educacion Infantil participaron neste proxecto.
*A pesar da situación sanitaria derivada pola COVID-19, durante todo momento mantivéronse as medidas de hixiene e seguridade dictaminadas polas autoridades competentes.