Un ano máis levamos a cabo o proxecto "Empoderar para decidir", en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Pese a situación excepcional que estamos a vivir con motivo da COVID19, puidemos desenvolver obradoiros cun total de 17 mulleres con discapacidade de Vigo, Baiona e Mondariz co obxectivo de promover o empoderamento e facilitar a toma de decisións sobre as súas propias vidas. Procurouse sensibilizar e concienciar sobre a violencia de xénero, fomentar e reforzar a adquisición de habilidades sociais e traballar na mellora da autoestima e o autoconcepto con especial fincapé no intercambio de experiencias e promoción das relacións interpersoais, sobre todo tras os meses de confinamento e distancia social vividos.
Gracias ás mulleres pola súa participación, á Deputación de Pontevedra pola aportación económica e a COGAMI, Concello de Baiona e Concello de Mondariz por facilitar os espazos e difundir entre as mulleres da zona.