Para este ano 2020, ao igual que anos anteriores, dende ACADAR poñemos en marcha o proxecto formativo VIO7: Ver para Erradicar, en colaboración coa Deputación de Lugo.
Este proxecto vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato co obxectivo de promover as relacións igualitarias entre o alumnado participante da provincia de Lugo.
Dada a excepcional situación provocada pola COVID-19, ademáis de seguir levando a cabo as actividades formativas nos centros de forma presencial sempre e cando sexa posible, reformulouse a actividade para ofertar, tamén de balde, a formación online a través da plataforma Moodle.
Con material teórico e audiovisual, ademais de casos prácticos, procurarase seguir traballando na identificación e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres, facendo fincapé na discapacidade.
O material estará dividido en cinco módulos:
A duración estimada para esta formación online é de 15 horas, con todo o material dispoñible ata o 20 de decembro.
Para as persoas que completen con éxito a formación e o desexen, poderán dispoñer dun diploma que acredite a superación do curso.
O único requisito para inscribirte é que o teu centro de estudos se atope na provincia de Lugo.
Son prazas limitadas, anímate!
Podes inscribirte cubrindo o seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/1-FbWBxf4IBvDnF77MwFtm5nu8X1D8c4QlEZ6HcqIr6g
Para máis información:
674073092 ou formacion@acadar.org