Novas

24/10/2019 12:41:41
  • 2019

Vio 7: Ver para erradicar, é un proxecto de formación creado pola entidade e subvencionado pola Deputación da Coruña.

O seu obxectivo principal é fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade, igualdade e prevención da violencia de xénero. Con este proxecto preténdese dar resposta á necesidade de formación continua dunha forma creativa e orixinal que faga máis doado chegar á realidade das mulleres con discapacidade de Galicia.

A formación está dirixida a alumnado universitario, de formación profesional e bacharelato.