Novas

16/02/2019 13:31:04
  • 2019

Cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia

ACADAR comeza a posta en marcha de obradoiros de formación en igualdade, discapacidade e violencia de xénero nos centros educativos das zonas menos poboadas de Ourense e Pontevedra no marco do Proxecto “VIO 7: Ver para erradicar”.

Esta iniciativa está cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2018.