Novas

15/03/2019 11:23:53
  • 2019

“Aloumiño” é un programa cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2018.

Este proxecto está dirixido a mulleres con discapacidade de concellos con baixa densidade de poboación nas catro provincias da comunidade autónoma de Galicia.

Ten por obxectivo xeral acadar e identificar os aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais da sexualidade humana para fomentar un coñecemento, aceptación e experiencia plena e satisfactoria da propia sexualidade. 

Realizaranse obradoiros grupais nos que traballar os diferentes aspectos do feito sexual humano, ademáis de ofrecer a oportunidade de atencións máis individualizadas.