Novas

14/11/2019 9:24:36
  • 2019

Ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2019, en ACADAR contamos dende novembro e ata principios de xuño cun traballador social.

Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, este Programa ten por obxecto o fomento do emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, de persoas mozas incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta iniciativa permite que a persoa traballadora poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

En ACADAR, o técnico desenvolverá accións de prevención e sensibilización,  para a poboación en xeral e participará no desenvolvemento das actividades que a entidade organice e/ou nas que participe; analizará e avaliará necesidades e demandas das mulleres usuarias, así como deseñará os plans individuais de intervención cando proceda, realizando seguimentos e avaliación dos mesmos.

Esta convocatoria de axudas enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.