Mochilas Lilas: Programa para a prevención da violencia de xénero, é un proxecto formativo subvencionado pola Deputación de Pontevedra. Está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria Obrigatoria. O obxectivo é fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia de xénero, traballando os conceptos de discapacidade, igualdade e violencia de xénero e fomentando unha visión consciente e crítica da realidade das nenas e mulleres con discapacidade.
As persoas beneficiarias deste proxecto son o alumnado de Educación Primaria de tres centros da provincia de Pontevedra, nas localidades de Vilagarcía de Arousa, Pontecaldelas e Vigo. Os obradoiros desenvolveranse entre os meses de novembro e decembro.