Servizo de Atención Integral a Mulleres con Discapacidade
O programa Enrédate que está a desenvolver ACADAR dende o 01/01/2019 ata o 30/09/2019, dirixido a mulleres con discapacidade residentes en concellos de baixa densidade, ten como obxectivo proporcionar unha atención personalizada e especializada ás mulleres con discapcidade, potenciado as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma.
O programa é de carácter gratuíto, realizándose accións individuais e grupais.