ACADAR está a desenvolver durante os meses de xuño e xullo os obradoiros do programa “Emprego e saúde a través do empoderamento
Este programa ten como obxectivo procurar a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade do Concello de Lugo. No marco desta iniciativa, fomentarase a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a busca de emprego, acadando o incremento da autoestima e o autoconcepto positivo das participantes.
Realizaranse catro obradoiros nos que se traballarán técnicas de resolución de conflitos, técnicas de respiración baseadas no ioga, iniciación ao ioga adaptado, fomento dunha vivencia pracenteira, respectuosa e satisfactoria da propia sexualidade e do respecto á sexualidade das demais persoas, zumba adaptada e habilidades para a busca e desenvolvemento positivo no ámbito do emprego.
"Saúde e emprego a través do empoderamento" é un programa subvencionado polo Concello de Lugo que se leva a cabo entre os meses de maio e setembro. Os obradoiros desenvolveranse os martes 25 de xuño, 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo e os xoves 27 de xuño, 4, 11 e 18 de xullo, en horario de 10 a 13 horas.