Novas

09/10/2019 12:08:46
  • 2019

Empoderar para decidir, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, é un proxecto que ten como finalidade promover o empoderamento das mulleres con discapacidade, para facilitar a toma de decisións sobre cada un dos aspectos das súas vidas. Os obradoiros levados a cabo serven para favorecer as relacións interpersoais das mulleres con discapacidade e o intercambio de experiencias, sensibilizar e concienciar sobre a violencia de xénero, fomentar e reforzar a adquisición de habilidades sociais e traballar na mellora da autoestima e o autoconcepto das participantes.

Para desenvolver este proxecto contamos con dous grupos, o primeiro no Concello de A Guarda, como continuación do proxecto “Empoderar para decidir” do ano 2018 e o segundo no Concello de Vigo.