Novas

10/12/2018 10:40:01
  • 2018


Ao abeiro da Orde do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboracións coas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2018, en ACADAR podemos contar dende comezos de decembro cunha psicóloga (ate decembro 2019) e unha traballadora social (ate setembro 2019).


Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, este Programa ten por obxecto o fomento do emprego e o incremento da empregabilidade das peroas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Esta iniciativa permite que as persoas traballadora poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.


En ACADAR, as técnicas desenvolverán accións de prevención e sensibilización,  para a poboación en xeral e participarán no desenvolvemento das actividades que a entidade organice e/ou nas que participe; analizarán e avaliarán necesidades e demandas das mulleres usuarias, así como deseñarán os plans individuais de intervención cando proceda, realizando seguimentos e avaliación dos mesmos.