Novas

24/12/2017 13:26:57
  • 2017

Financiado pola Deputación de A Coruña, levouse a cabo este programa formativo dirixido ao alumnado das universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela.

Leváronse a cabo sesións formativas entre o alumnado co obxectivo de dar a coñecer, detectar abordar a vulnerabilidade a que se enfrontan as mulleres con discapacidade, así como as diferentes formas de violencia ás que están expostas.

Para este proxecto, utilizouse como ferramenta de traballo o caderno "Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais" editado por ACADAR e financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade a través do Fondo Social Europeo.