Novas

28/12/2017 11:24:12
  • 2017

Este proxecto naceu da necesidade observada de concienciar, sensibilizar e incidir na ...

Este proxecto naceu da necesidade observada de concienciar, sensibilizar e incidir na promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero ás mulleres con discapacidade. Para isto, realizáronse 4 obradoiros de creatividade no que se buscou que cada muller participante puidera desenvolver a súa imaxinación e orixinalidade.

No desenvolvemento destas accións grupais empregouse unha linguaxe inclusiva, é dicir, unha linguaxe cunha perspectiva de xénero que inclúa e trate por igual a ámbolos sexos, así como unha perspectiva interseccional, promovendo un trato igualitario ante as diferentes características que manifestan as persoas en situacións de maior vulnerabilidade, con risco de vivir discriminación (etnia, orientación sexual, discapacidade, relixión, ...). Así mesmo, fomentouse o uso da lingua galega en todo o proceso do proxecto, concienciando deste xeito ás persoas destinatarias da importancia da mesma.

O obxectivo principal dos obradoiros foi a visibilización das distintas manifestacións da violencia de xénero a través dunha nova forma de innovación educativa, a través da cal, tamén se acadaron outros obxectivos específicos tales como:

  • Promoción e igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
  • Sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero e a violencia contra as mulleres con discapacidade.
  • Visibilización das capacidades e necesidades das mulleres, así como sensibilizar á sociedade no seu conxunto.
  • Mudar a imaxe social das mulleres con discapacidade.
  • Incremento da igualdade real entre mulleres e homes.
  • Promoción da relación coa cultura e a expresión artística como ferramenta de desenvolvemento e enriquecemento persoal.