Novas

20/12/2017 14:42:35
  • 2017

Iníciase o Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, este Programa ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este Programa permitirá que durante 7 meses, unha traballadora social en ACADAR, poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Gracias a esta iniciativa, a técnica na entidade avaliará as necesidades e demandas das persoas usuarias, deseñará os plans individuais de intervención, realizando os seguimentos e avaliación dos mesmos; participará no desenvolvemento das actividades que a entidade organice e/ou nas que participe; desenvolverá accións de prevención e sensibilización para a poboación en xeral, etc.

Esta convocatoria de axudas enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.