Novas

17/09/2017 14:43:34
  • 2017

O próximo 20 de outubro comezarán unha serie de obradoiros onde trataremos temáticas de autoestima autocoidado, habilidades sociaisdiscapacidade igualdade de xénero, aplicando unha metodoloxía interseccional e holística.

Son varios os obxectivos propostos para estes obradoiros, entre os cales destacan:

  • Favorecemento das relacións interpersoais das mulleres con discapacidade e o intercambio de experiencias.
  • Capacitación ás mulleres participantes sobre os termos relativos á igualdade de xénero.
  • Sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero.
  • Fomento do empoderamento das mulleres mediante actividades.
  • Fomento da participación das mulleres con discapacidade.

Se che interesa e queres obter máis información sobre estes obradoiros pódeste por en contacto con nós. Accede a sección contacto para coñecer as canles de comunicación que poñemos ao teu alcance.

Este proxecto está financiado pola Deputación de Pontevedra.