A vindeira semana, do 18 ao 28 de novembro en horario de 10:00 a 13:00 h, darán comezo en Santiago de Compostela os obradoiros de habilidades prelaborais e búsqueda de emprego, dirixidos a mulleres con discapacidade.
Desde ACADAR vai a desenvolverse este programa, co obxectivo de ofrecer ferramentas prácticas e acompañamento especializado para mellorar a empregabilidade e o empoderamento das participantes.
Este programa lévase a cabo grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que na súa declaración da renda marcaron o cadro 106 “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e que son xestionados pola Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través destes fondos.
Se estas interesada en participar podes contactar con nós.