Violencia Sexual Dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade é unha guía editada por ACADAR no 2023 grazas ao financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio de Igualdade.
Trátase dunha guía que xorde co obxectivo de poñer a disposición da sociedade un recurso a través do cal se poida coñecer, previr, identificar e erradicar a violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade. Está dirixida principalmente ás mulleres e nenas con discapacidade e, por extensión, á súa contorna próxima: familiares, amizades e profesionais de referencia, aínda que é un recurso que pode resultar tamén de interese para calquera outra persoa que non teña relación co ámbito da discapacidade.
Esta guía da continuidade a outras guías elaboradas pola entidade, como "Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais" e "Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade".
Descarga a Guía Violencia Sexual Dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade en galego aquí: