A linguaxe é a ferramenta principal que utilizamos para comunicarnos e con ela construímos a realidade. O noso pensamento é condicionado pola linguaxe e, por tanto, este pode incluír ou excluír a determinados grupos de persoas. Baixo o uso xenérico do masculino ocultamos, case sempre, a presenza da muller.
Ofrecémosvos unha serie de recursos para lograr unha linguaxe inclusiva e non discriminatoria.
Esta guía elabórase dentro do proxecto Comunica a conciencia.