Biblioteca

Guía Violencia Sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade

Violencia Sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade é unha guía editada por ACADAR no 2018 grazas ao financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.

Xorde para darlle continuidade a primeira guía elaborada pola entidade, Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais. que foi editada pola entidade en 2015 dentro do proxecto Descubre a Nosa Realidade!

A violencia sexual é unha vivencia que permanece oculta, sobre todo entre o colectivo de nenas e mulleres con discapacidade, e continúa moi presente nos nosos días, polo que é preciso coñecer todas as súas caras e abordala dende todos os frontes e durante todas as etapas da vida das mulleres.