Novas

03/01/2016 13:24:53
  • Anterior

Programa desenrolado durante o ano 2015, no que se atopaban, entre outras, as seguintes accións:

  • Investigación, deseño, planificación, produción e execución do caderno Violencia contra as mulleres con discapacidade (para máis información fai clic aquí).
  • Investigación, deseño, planificación, docencia e avaliación de 12 ‘Obradoiros de prevención primaria da violencia de xénero e da violencia contra as mulleres con discapacidade’, dirixido ás nenas e nenos de distintos colexios de Educación Primaria.
  • Investigación, deseño, planificación, docencia e avaliación de 4 ‘Obradoiros de prevención primaria da violencia de xénero e da violencia contra as mulleres con discapacidade’, dirixido ás familias.
  • Organización, planificación e deseño dunha ‘Xornada técnica sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade’.

O obxectivo xeral do programa foi a promoción das relacións igualitarias entre nenas e nenos para previr así a violencia de xénero dende o momento da súa construcción social.